24out20:30Beethoven en do menorCONCERTOS | 6,00 €20:30(GMT+02:00) Teatro Afundación
Detalles do eventos
Orquesta Clásica de Vigo Beethoven en do menor: V Sinfonía + Concerto n.3 para piano. A temporada da Clásica comeza en do menor con
Detalles do eventos
Orquesta Clásica de Vigo Beethoven en do menor: V Sinfonía + Concerto n.3 para piano.
A temporada da Clásica comeza en do menor con dúas obras cumio do repertorio para orquestra de Ludwig Van Beethoven, nun concerto marcado pola expresividade dun autor que recollía as teses expresivas e marcaba o camiño a seguir.
Programa:
Concerto para piano n.o 3 en do menor, Op. 37
I. Allegro con brio
II. Largo
III. Rondo. Allegro
Sinfonía n.o 5 en do menor, Op. 67
I. Allegro con brio
II. Andante con moto
III. Scherzo. Allegro
IV. Allegro
O Concerto para piano no 3 en do menor, Op. 37, composto en 1800 e estreado en 1803 con Beethoven como solista, representa unha obra fondamente persoal e intensa. A diferenza dos dous concertos anteriores, este ten un ton máis dramático e serio, próximo ao estilo heroico que o compositor desenvolvería na súa seguinte etapa.
A Sinfonía no 5 en do menor, Op. 67 de Ludwig van Beethoven é unha das composicións máis emblemáticas da música clásica. Composta entre 1804 e 1808, esta sinfonía distínguese polo seu motivo inicial coas catro notas máis famosas da historia da música, as mesmas que moitos interpretan como o destino chamando á porta.
Hora
24 outubro, 2025 20:30(GMT+02:00)
Localización
Teatro Afundación
Rúa Policarpo Sanz, 13, 36202 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
novembro



