“Beben C@ntan” de Pablo Díaz

26dec12:00“Beben C@ntan” de Pablo DíazPEQUERRECHOS | De balde12:00(GMT-11:00) Salinae

Detalles do eventos

En Beben C@ntan Pablo Díaz fará unha viaxe a través dos contos coa música como fío condutor, tratando temas e rutinas adaptadas para os máis pequen@s. Para conseguilo, axudarase de instrumentos como frautas, guitarra, harmónica, e interpretará algún dos seus temas máis populares.

Unha sesión relaxada onde a fantasía e a ilusión sexan as protagonistas, e na que grandes e miúdos axuden a cantar e a entoar as melodías e retrousos dos contos e cancións.

No Centro Arqueolóxico do Areal “Salinae”: sábado 26 decembro 2020 ás 12:00 h

No Museo do Mar de Galicia: sábado 26 decembro 2020 ás 17:30 h

É preciso reservar previamente en info.museodomar@xunta.es

Máis

Hora

(Sábado) 12:00(GMT-11:00)

Localización

Salinae

Rúa de Rosalía de Castro, 21, 36201 Vigo, Pontevedra

Other Events