
Detalles do eventos
A parroquia de Beade estase a preparar para vivir un dos acontecementos máis importantes do ano, a Carreira da Cereixa, conmemorando así a súa XII
Detalles do eventos
A parroquia de Beade estase a preparar para vivir un dos acontecementos máis importantes do ano, a Carreira da Cereixa, conmemorando así a súa XII edición.
A proba, integrada dentro do circuíto de carreiras populares RunRunVigo do concello, ten prevista a súa celebración o domingo 25 de maio.
Os atletas das categorías F-1 e M-1 a F-5 e M-5 percorrerán, a partir das 10:30 horas, as rúas de Beade coas cerdeiras cheas de cereixas. Unha hora máis tarde, está previsto que o fagan as categorías inferiores, integradas desde xuvenís ata pitufos.
A organización aspira a bater o récord de inscritos establecido hai dúas edicións. Para elo convidan aos corredores a participar nunha proba única que se caracteriza pola dureza das súas costas e unha paisaxe privilexiada da cidade olívica e da súa comarca.
As inscricións poden realizarse a través da páxina web de Magma Sports ou clickando AQUÍ.

Máis
Hora
25 maio, 2025 10:30(GMT+02:00)
Hoxe móvese
- Mes actual