REVISTA NADAL

'Bastien und Bastienne'

19dec20:00'Bastien und Bastienne'CONCERTOS | -20:00(GMT+01:00) Conservatorio Superior (O Castro)

Detalles do eventos

E para despedir o ano ao grande: a ópera de W. A. Mozart Bastien und Bastienne, o xoves 19 ás 20 horas no Auditorio Martín Códax.

Terán o papel protagonista as alumnas de canto Natalia Fernández, Sara Cayetano e Mariola González. Todo iso baixo a tutela de José Antonio Campo e o acompañamento ao piano de Carlos Enrique Pérez. Contarán tamén coa colaboración de alumnado de Produción e Xestión e da clase de radio do CSM de Vigo.

Esta produción semi-escenificada contará cunha nova posta en escena. Transfírese a atmosfera pastoral do singspiel orixinal a unha situación dramática máis contemporánea.

Unha moza parella sofre a súa primeira gran crise: inseguridades, infidelidades, medos e dúbidas fan que os protagonistas se separen e finalmente acaben en mans dun psicoterapeuta con métodos pouco convencionais e bastante interesado en cobrar ben polas súas consultas. E como non podía ser doutra maneira nesta época do ano, todo cun final feliz.

Máis

Hora

19 decembro, 2024 20:00(GMT+01:00)

Localización

Conservatorio Superior (O Castro)

Calle de Manuel Olivie, 23, 36203 Vigo, Pontevedra

Other Events