Barricadas de sal – A Movida

abril, 2018

21abr11:00Barricadas de salROTEIRO LITERARIO | De balde11:00 Mercado de Teis

Máis

Detalles do evento

O vindeiro sábado 21 de abril ás 11.00 h e diante da entrada principal do mercado de Teis terá lugar un novo percorrido literario “BARRICADAS DE SAL”. Este percorrido será guiado por Francisco Castro, autor da novela do mesmo título, que nos achega ao Vigo dos anos 70, e máis en concreto ás folgas obreiras do ano 72 no barrio de Teis. Percorréranse lugares onde acontecen episodios sobranceiros da novela e se dará a coñecer un pouco máis estes acontecementos salientables da historia viguesa.

Para participar hai que se inscribir a partir do día 16 no teléfono 988810281 a partir das 09.00 h.

Hora

(Sádado) 11:00

Lugar

Mercado de Teis

Mercado, 36207 Vigo, Pontevedra

X