Barbeira Season Fest
Detalles do eventos
AVISO: Suspéndese a xornada do domingo por previsión de fortes rachas de vento. O Barbeira Season Fest afronta a súa terceira edición con máis ilusión
Detalles do eventos
AVISO: Suspéndese a xornada do domingo por previsión de fortes rachas de vento.
O Barbeira Season Fest afronta a súa terceira edición con máis ilusión que nunca. Despois de temporais e pandemias, o festival presenta o seu cartel máis ambicioso, con varios escenarios repartidos por Baiona e numerosas actividades paralelas. O mércores 31 o Barbeira arrancará co concerto de Pablo Novoa e amigos a modo de presentación do festivaL. O xoves día 1 subirase ao escenario León Benavente, Carolina Durante, Bala, Anabel Lee e Señora DJ. O venres día 2, terá lugar o Concerto Vibra Mahou de Depedro e, ademais, será a quenda de La Habitación Roja, Morreo, Diamante Negro, Emilia, Pardo y Bazán e DJ Moderno.
Para o sábado 3, a organización programou un dos días máis completos con Zahara, Maika Makovski, a portuguesa Capicúa e as bandas emerxentes, Cora Yako, Miniño, Estrella Fugaz, Tu peleas como unha vaca, Marta Movidas, DJ Moderno e EME DJ. O domingo día 4, para pechar esta edición, celebrarase a “Romaría Punk”, comisariada por Rei Zentolo, cunha selección de grupos galegos entre os que se atopa Triángulo de Amor Bizarro.
Ademais, o director do Barbeira Season Fest, Isaac González avanzou que a programación musical completarase con outras alternativas como actividades náuticas (bautismo de Pádel Surf e Kajak), o ciclo de conferencias “Charlas en chanclas”, nas que coñecidos escritores falarán da súa relación coa música ou responsables de marcas falarán da importancia dos festivais para a súa visiblidade.
As entradas pódense comprar na súa web tanto por dia como o abono para gozar da “experiencia Barbeira” na súa totalidade. Utilizando o código AMOVIDA á hora de comprar o abono en liña obterás un desconto de 5€.
Máis
Hora
1 setembro, 2022 19:03(GMT+01:00)
Localización
Baiona
Rúa Lorenzo de la Carrera, S/N, 36300 Baiona, Pontevedra
Hoxe móvese
Séguenos nas redes