Detalles do eventos
A compañía viguesa Barafunda presenta ‘The Sándwich Club’ unha reflexión sobre o noso mundo actual a tráves dunha comedia familiar. O actor Yago Durán interpreta
Detalles do eventos
A compañía viguesa Barafunda presenta ‘The Sándwich Club’ unha reflexión sobre o noso mundo actual a tráves dunha comedia familiar.
O actor Yago Durán interpreta a un empresario de éxito, en tránsito por unha viaxe de negocios, que se enfronta a unha serie de “catastróficas desditas” que lle impiden constantemente o seu único e pequeno momento de desfrute: comerse un Sándwich Club. Unha viaxe para enfrontarse a si mesmo, aos seus demos e a algo máis.
The Sandwich Club é unha viaxe emocionante e tremendamente divertida que usa a linguaxe universal do teatro físico e o clown para conectar directamente co corazón do público. Nun mundo que corre demasiado rápido, este espectáculo é un oasis de risas, poesía e participación onde os adultos lembran a importancia de non tomarse todo tan en serio. Unha experiencia escénica innovadora, cargada de música orixinal e momentos inesquecibles, perfecta para vivir en directo.
Manuel Castro Lima e o propio Yago Durán, creadores do espectáculo, queren xerar unha experiencia de conexión interxeracional e intercultural que nos permita poñer un espello diante e aceptar os nosos fracasos máis absurdos, a través dunha linguaxe tan universal coma o clown.
Hora
20 xuño, 2026 20:00(GMT+02:00)
Localización
Auditorio do Centro Cívico de Teis
Rúa dos Irmáns Misioneiros dos Enfermos Pobres, 12, 36207 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
xullo


