Detalles do eventos
O 20 de xullo, Cervezas Banda organiza a primeira edición de Banda Fest, coa colaboración do Concello de Nigrán e o festival Nigrán Jazz. Trátase dun evento aberto
Detalles do eventos
O 20 de xullo, Cervezas Banda organiza a primeira edición de Banda Fest, coa colaboración do Concello de Nigrán e o festival Nigrán Jazz. Trátase dun evento aberto e gratuíto que encherá o Esteiro da Foz de música en directo, apostando por artistas galegos. Concretamente, conta coas actuacións de Tangomango, Momboi e The Blow Up’s.
Tangomango é un grupo vigués de soul, funk e psicodelia cun estilo certamente americano, aínda que as súas letras son en castelán. Hai uns meses, presentáronse oficialmente nun concerto na Sala Supersonic, onde tamén deron a coñecer o seu disco debut (Tangomango). Está formado por seis músicos que destacan pola súa ampla traxectoria no panorama musical vigués, algúns membros de outras bandas coñecidas como The Soul Jacket.
Momboi é unha banda de pop-rock galego que fusiona este estilo con outras músicas de raíz latinoamericanas. Foi finalista do XII Certame Fran Pérez “Narf” para grupos e artistas musicais, o que impulsou a súa carreira. Ademais, no ano 2023, acadou o Premio Martín Códax da Música á Mellor Banda de Pop e Indie.
The Blow Up’s é un novo trío vigués de rock’n’roll, caracterizado pola frescura da súa proposta que recupera sons clásicos das décadas dos sesenta e setenta. A comezos do presente ano 2025, lanzou o seu primeiro EP, NOWHERE GENERATION, composto por seis cancións que funcionan como una declaración de principios de tres rapaces que non se identifican coa súa xeración.
A maiores, o Banda Fest contará con gastroneta, doces e merchandising.
Hora
20 xullo, 2025 19:30 - 23:59(GMT+02:00)
Localización
Esteiro da Foz
36393 Baiona, Pontevedra
Hoxe móvese
agosto


