CAMELIAS

Balterius`98: “Resaca en el Caribe”

21set19:30Balterius`98: “Resaca en el Caribe”ESPECTÁCULOS | De balde19:30(GMT+02:00) Auditorio CSCR de Beade

Detalles do eventos

Será este sábado 21 de setembro ás 19:30 h cando a agrupación, con sede en Villabalter, suba ás táboas do Auditorio do C.S.C.R. de Beade para poñer en escea “Resaca en el Caribe”, a súa nova comedia que ven de ser estreada na XXVI SETIC (Semana de Teatro Intergeneracional en la Calle).

Cunha duración aproximada de 75 minutos, os espectadores serán quen de observar unha comedia chea de situacións divertidas e cun chisco de reflexión sobre as consecuencias do azar nas nosas vidas.

Para iso, dous matrimonios amigos que se van de vacacións a Cancún vense envoltos nun conflicto a causa dunha simple decisión tomada hai 25 anos.

Por outra banda, a programación especial da exposición “Rabuñadas”realizada pola Agrupación Fotográfica 8DBAD en favor de Proyecto Gato, continúa este xoves 19 de setembro ás 19:30 h coa conferencia titulada “Inquedanzas naturais – Fotografía de natureza”, sendo impartida por Francisco Crusat.

Esta actividade cultural rematará o venres 27 de setembro ás 19:00 h co taller de fotografía “Pintando con luces” para a cativada e posterior peche da exposición.

A programación cultural do mes de setembro da “Cereixa de outono” será a antesala da celebración da “XXVI Festa dos callos e do socio”, que terá lugar na mañá do domingo 6 de outubro nas instalacións da A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade. 

Máis

Hora

21 setembro, 2024 19:30(GMT+02:00)

Localización

Auditorio CSCR de Beade

Estrada Coutada, Nª42, C.P.: 36312, Vigo (Pontevedra)

Other Events