VIALIA
bannerPicnicSesions

BALLET CLÁSICO DE UCRAÍNA: 'O Crebanoces'

18dec19:00BALLET CLÁSICO DE UCRAÍNA: 'O Crebanoces'ESPECTÁCULOS | Desde 25,20€19:00(GMT+01:00) Mar de Vigo

Detalles do eventos

Seguindo a tradición e o espírito do ballet clásico, esta suntuosa produción do Ballet Clásico de Ucraína captura toda a beleza e o drama do auténtico ballet romántico, un clásico de todos os tempos que chama a todas as xeracións.

En cada unha das presentacións, a motivación principal do Ballet Clásico de Ucraína é coidar as tradicións e esencia do ballet clásico máis puro, facendo delas un festexo para os sentidos co encanto dos seus vestiarios e a vistosidade das súas decoracións; xerando un equilibrio fascinante coa perfección das súas liñas e a sobriedade das súas coreografías.

Cos mellores bailaríns ucraínos dirixidos pola coreógrafa Natalia Kazatska, o Ballet Clásico de Ucraína, recrea con singular mestría as obras craves do ballet universal. Esta compañía emerxente con sede na cidade de Járkov, un verdadeiro referente deste xénero, é a encargada de levar a escena obras mestras como O Lago dos Cisnes, O Crebanoces, Giselle, A Bela Dormente, etc.

Este ballet, un dos máis coñecidos de Tchaikovsky coa coreografía orixinal de Lev Ivanov, é unha fábula de espírito do Nadal que fala da añoranza pola infancia perdida e o choque entre a realidade dos adultos e o mundo dos soños dos nenos. O libreto pertence a Marius Petipa que deriva dun texto de Alejandro Dumas que se inspirou á súa vez no soado conto de E.T.A. Hoffmann O crebanoces e o rei dos ratos. A inocencia, a beleza interior e a valentía son os eixos do Crebanoces. Unha fantasía que nos regala o Ballet Clásico de Ucraína e que entretén e deleita a quen aínda segue crendo na maxia.

Domingo 18 ás 19:00

Entradas á venda en www.teuticket.com

Máis

Hora

(Domingo) 19:00(GMT+01:00)