decembro, 2019

06dec23:59Balkan VS CumbiaCONCERTOS | 6,00€23:59 Sala Doppler

Máis

Detalles do evento

A festa itinerante que ten revolucionado as pistas de baile de Barcelona, Sevilla, Antwerp, Madrid, Lisboa ou Londres, chega por primeira vez a Galiza!

Vigo terá a oportunidade de sentir a forza dos Balcáns mesturada perfectamente ca mistica enerxía da Cumbia, para crear un baile sen fronteiras ata o amencer.

Haberá un plantel de djs do máis internacional:

*** Guacamayo Tropical *** Colombia/Madrid
Guacamayo Tropical DJ’s é un dúo colombiano, adicado a producción sonora e visual. Rescata e difunde a tradición musical entre os trópicos latinoamericanos, fusionándoa con ritmos e elementos modernos. Fan un rastreo cultural e histórico para dar con verdadeiras xoias provintes de rexións pouco conhecidas e lograr que o seu son chegue a todos os oídos. Seu objetivo é proxectar outra cara do mundo sonoro latino e dar a conhecer o cúmulo de valores que posee.
https://www.youtube.com/watch?v=eXcsMl0IHNo

*** Piti Vaccari *** Arxentina/Brasil
Piti Vaccari é orixinaria de Arxentina, é unha fervente fanática dos ritmos danzantes de américa latina. Pasou os últimos 10 anos en Brasil onde conseguiu incorporar aos seus sets toda a calor da música brasileira, xerando un clima especial, seus mixes conxugan a calor da cumbia e a enerxía do tropical bass, pasando polos ritmos amázonicos, centroamericanos clásicos e ata os novos ritmos da música urbana latina. Todo reinvindicando o lugar da muller e a súa disidencia a industria dos djs.
https://www.youtube.com/watch?v=GJyXvgx4h_U

*** Dj GypsyBox *** México/Barcelona
Orixinario de México Gypsy Box é hoxe en día un dos Dj’s e promotores máis activos da escea Balkan-Cumbia en Europa.
Viaxeiro incansable, xa ten recorrido medio mundo portando este son latino-balcaniko que lle caracteriza.

Na pista de baile é todo un mestre á hora de facerte mover. A súa gran traxectoria por clubs e festivais de Xapón, Arxentina, Chile, México, España, Francia, Dinamarca, Bélxica, Alemania, Inglaterra, Irlanda … Onde compartiu escenario con artistas como Balkan Beat Box, Shantel, Boban Marcovic, Fanfare Ciocarlia, Chico Trujillo, etc…
https://www.youtube.com/watch?v=Vp0XgZ5XnAY&t=6s

*** Brigada SOUND *** Galiza
Brigada Sound é un colectivo de picadiscos que busca facerte bailar,vibrar e sentir a música, de forma que mentres dure a festa teu corpo só pense en pasalo ben!!
Son tamén os encargados da festa mensual de world music na Sala Doppler chamada #Mestisound, contan na actualidade con ata 9 picadiscos de distintos xéneros como balkan, cumbia ou reggae que farán da festa unha experiencia dificil de esquecer. Este colectivo leva xa anos montando festas alternativas así como participando nun gran número de festivais(Millo Verde, Revenidas, Reperkusión,Iboga Summer Festival, Reina Loba, BZ Brass, etc.)
https://youtu.be/heqVM9VYtkE

Hora

(Venres) 23:59

Lugar

Sala Doppler

Rúa Martín Códax, 19-13, 36201 Vigo, Pontevedra

X