'Balea' de Federico Fernández e Germán González – A Movida

abril, 2018

26abr18:45'Balea' de Federico Fernández e Germán GonzálezPRESENTACIÓN LIBRO | Desde 2,00€18:45 Sede Real Club Celta de Vigo

Máis

Detalles do evento

Os ilustradores vigueses Federico Fernández e Germán González estarán ás 18:45 da tarde no Salón Regio da Sede do RC Celta para presentar a súa primeira obra conxunta, titulada “Balea” e publicada por Kalandraka.
Trátase dun libro despregable e sen texto que, dun lado, presenta a figura dun cetáceo mecánico sumerxido no mar mentres que, dándolle a volta, aparece o interior da máquina, dividida en numerosos compartimentos nos que uns personaxes ataviados de amarelo desempeñan diversas funcións: manexar os mandos da máquina, realizar tarefas de mantemento e reparacións, lavar a roupa, cultivar unha horta, facer ximnasia, tocar instrumentos musicais…

Un evento infantil solidario que destinará íntegramente a súa recadación á Fundación Celta Integra.

-Entrada infantil gratuíta acompañado dun adulto
-Entrada adulto 2€ en beneficio Fundación Celta Integra

Entradas dispoñibles en Ticketea e Tenda #ASede (r/Príncipe 44)

Hora

(Xoves) 18:45

Lugar

Sede Real Club Celta de Vigo

Sede Real Club Celta de Vigo

X