Baixo o mesmo paraugas – A Movida

decembro, 2018

03dec11:30Baixo o mesmo paraugasDÍA DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE | De balde11:30 Praza da Estrela

Máis

Detalles do evento

O luns 3 de decembro celébrase o Día Internacional das Persoas con Discapacidade co lema ‘Baixo o mesmo paraugas’, unha iniciativa, que se organiza en Vigo por terceiro ano consecutivo.

Numerosas asociacións de Vigo (Asociación de familias de persoas con parálise cerebral (Apamp); Alento; Fundación Aldaba; Federación Aspace Galicia; Aceesca; Centro Juan María; Aspanaex; San Xerome; HC San Rafael Vigo; Avempo; DiscaminodeSantiago e EVD Galicia) únense para dar visibilidade a unha sociedade diversa e plural, pero con desexos e ilusións por igual.

Os actos comezarán ás 11.30 horas cunha concentración na Praza da Estrela, onde animan a todo o mundo a acudir cun paraugas. A continuación, serán as persoas con discapacidade as que lean un manifesto coas súas principais reivindicacións, en representación das entidades mencionadas anteriormente.

Hora

(Luns) 11:30

Lugar

Praza da Estrela

Plaza Estrela, Vigo, Pontevedra

X