UNDERFEST

10nov09:0309:03Baiuca pecha a Vigo Global Summit09:03 - 09:03(GMT+01:00) Mar de Vigo

Detalles do eventos

A música de Baiuca despedirá o Vigo Global Summit 2025 o xoves 13 de novembro no Auditorio Mar de Vigo, nunha sesión aberta ao público por 12 euros. As portas abrirán ás 18:30 e o humorista Carlos Blanco será o encargado de abrir a xornada cun monólogo antes do concerto. A tarde completarase cun espazo gastro promovido por Conxemar, que acompañará esta celebración final do congreso.

O proxecto de Alejandro Guillán (Catoira, 1990) combina música tradicional galega e electrónica, converténdose nun dos fenómenos máis exportables da última década. Baiuca esgotou recentemente varias datas en Madrid e Santiago e levou o seu son a países de Europa, África e América. A súa actuación en Vigo porá o punto final a un evento que contou coa participación de figuras internacionais como os premios Nobel Daron Acemoğlu e Dmitry Muratov.

ROGRAMA SESIÓN CLAUSURA VIGO GLOBAL SUMMIT 2025 XOVES

13/11 Auditorio Mar de Vigo
18.30. Apertura de portas
19:15. Monólogo de Carlos Blanco
19:40. Baiuca
20:30. Vigo Taste Hall- Cultura (espazo gastro)

Entradas á venda a 12,00 € en teuticket.com/es

Hora

10 novembro, 2025 09:03 - 09:03(GMT+01:00)