Detalles do eventos
Cangas prepárase para as Festas do Cristo con música galega, tradición e actividades para todos os públicos. O programa reúne concertos, verbenas, ruadas, festivais folclóricos e propostas familiares
Detalles do eventos
Cangas prepárase para as Festas do Cristo con música galega, tradición e actividades para todos os públicos. O programa reúne concertos, verbenas, ruadas, festivais folclóricos e propostas familiares en diferentes espazos do municipio.
A programación arrinca o venres 21 co acendido de luces, o Festival Tromentelo e La Duendeneta. Ao longo dos días pasarán por Cangas Baiuca, Bala, Grande Amore, Os Vacalouras, Rebeliom do Inframundo, Alana e Nékrora, entre outras formacións.
O programa inclúe tamén a Queima de Damas e Galáns, comparsas de cabezudos, ruadas, a I Varada de Gamelas, espectáculos familiares e as celebracións do Cristo do Consuelo e da Virxe do Carme. O domingo 30 rematará cun gran espectáculo pirotécnico e o luns 30 será a quenda de Baiuca e da orquestra Claxxon Tour.
A continuación, o programa completo por días e horarios:
VENRES 21
21:30 h, Naves de Ojea – Acendido de luces
22:00 h, Naves de Ojea – Festival Tromentelo
00:30 h, Naves de Ojea – La Duendeneta
SÁBADO 22
11:00 h, saída desde a Casa da Xuventude – Comparsa de cabezudos coa A.C. Lembranzas da Ría
12:00 h, Praza do Concello – Tirada de fogos, pregón e ‘Queima de Damas e Galáns’
22:00 h, Xardíns de Andrea – Parque da Palma – Festival folclórico Pais de San Roque
22:00 h, Rúa Vicenti – Verbena coa orquestra Nueva Fuerza
23:30 h, Naves de Ojea – Nadie González
00:45 h, Naves de Ojea – Rebeliom do Inframundo
DOMINGO 23
20:00 h, Naves de Ojea – La Gramola Gominola
22:00 h, Naves de Ojea – Os Vacalouras
23:15 h, Naves de Ojea – Nékrora
LUNS 24
19:30 h, Eirado do Costal – Ruada Pataghulhos
22:00 h, Naves de Ojea – A Duendeneta
MARTES 25
12:00 h, saída desde a Praza do Concello – Ruada
20:30 h, Eirado do Costal – Festival ‘Así Canta Cangas’
22:00 h, Naves de Ojea – Nacho · Faia · Lar
23:20 h, Naves de Ojea – Alana
MÉRCORES 26
20:30 h, Eirado do Costal – Festival ‘Así Canta Cangas’
22:00 h, Naves de Ojea – La Duendeneta
XOVES 27
19:00 h, Eirado do Costal – Espectáculo familiar Teatro Calavera
22:00 h, Rúa Castelao – Verbena coa orquestra Saudade
23:30 h, Naves de Ojea – La Duendeneta
VENRES 28
12:00 h, saída desde a Praza do Concello – Ruada
22:00 h, Naves de Ojea – Arrhythmia
23:15 h, Naves de Ojea – Bala
SÁBADO 29
11:00-19:30 h, Porto de Cangas – Praia da Congorza – I Varada de Gamelas
11:00 h, saída desde a Casa da Xuventude – Comparsa de cabezudos coa A.C. Lembranzas da Ría
19:30 h, Eirado do Costal – ‘As almofadas soñadoras’. Dani Blanco
22:00 h, Naves de Ojea – Grande Amore
23:30 h, Rúa Castelao – Verbena coa orquestra Assia
DOMINGO 30
10:00 h – Salva de bombas
10:30 h, saída desde a Praza do Concello – Ruada da Banda de Música Belas Artes
11:30 h, Excolexiata de Santiago de Cangas – Misa solemne
12:30 h, Palco da Música – Concerto da Banda de Música Belas Artes
20:00 h, Excolexiata de Santiago de Cangas – Procesión en honra do Cristo do Consuelo e da Virxe do Carme, con canto do himno do Cristo e Salve mariñeira
23:00 h – Gran espectáculo pirotécnico
23:30 h, Rúa Castelao – Verbena coa orquestra Gran Parada
LUNS 31
10:00 h – Salva de bombas
11:30 h, Excolexiata de Santiago de Cangas – Misa solemne
22:00 h, Naves de Ojea – Baiuca
23:30 h, Rúa Castelao – Verbena coa orquestra Claxxon Tour
Hora
21 agosto, 2026 21:30 - 31 agosto, 2026 23:59(GMT+02:00)
Hoxe móvese
setembro




