
Detalles do eventos
O vindeiro mércores 8 de maio ás 20:00 horas inaugúrase a exposición Baiona Horizonte Atlántico. 1985-2025 no local de Évame Oroza. A mostra reúne os orixinais da carpeta
Detalles do eventos
O vindeiro mércores 8 de maio ás 20:00 horas inaugúrase a exposición Baiona Horizonte Atlántico. 1985-2025 no local de Évame Oroza. A mostra reúne os orixinais da carpeta do mesmo nome publicada no ano 1985 na que se poden atopar versos de Carlos Oroza e deseños de Din Matamoro, artista que estará presente no acto.
A mostra Baiona Horizonte Atlántico. 1985-2025 é unha recompilación dos orixinais da carpeta realizada no verán de 1985 con motivo da exposición happening que tivo lugar en Baiona, na finca O Touzal, na que confluíron os versos de Carlos Oroza coa pintura de Din Matamoro. Foi a primeira edición dunha serie de encontros artísticos promovidos dende a súa residencia por Malena Lepina e Román Pereiro, parella coñecida polo impulso que deron co seu apoio á arte galega na década dos oitenta.
Máis
Hora
8 maio, 2025 20:00(GMT+02:00)
Localización
Asociación Cultural Évame Oroza
Subida Costa, 5, 36202 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
Mes actualmaio
- Mes actual