REVISTA ABRIL

Baile Swing

28abr20:00Baile SwingACTIVIDADES PARA O COCO | De balde20:00(GMT+02:00) Luces de Bohemia

Detalles do eventos

Os bailes de Swing con clase aberta son o venres 14 de abril e o venres 28 de abril. Comezan ás 20:00 e acaban ás 22:00.

O evento comeza cunha clase aberta de Swing de estilo Lindy Hop, todo o mundo pode unirse, non se require ningunha experiencia previa para vir porque é de nivel iniciación. Tampouco fai falta acudir en parella.

A entrada á clase e ao social é totalmente gratuíta. Farase a taquilla inversa, polo que cada asistente decide canto quere achegar ao bote. Despois da clase aberta hai unha picada DJ de Swing para que todo o mundo baile aplicando o aprendido na clase aberta ou o que xa sabe, converse ou se tome algo escoitando a música. Organizan “Miguel e Nerea”, bailaríns e profes de Swing en Vigo, e “Balboa Vigo”, comunidade de bailaríns de Balboa a cargo da profe Cristina Cabrera.

Na Cafetería Luces de Bohemia, no salón de baile que se atopa no piso de arriba, subindo as escaleiras da cafetería. Está reservado para a xente que queira asistir ao evento.

Máis

Hora

(Venres) 20:00(GMT+02:00)

Localización

Luces de Bohemia

Rúa Colón, 34, 1, 36201 Vigo, Pontevedra

Other Events