Bailar nas nubes – A Movida

xullo, 2018

30xul16:30Evento canceladoBailar nas nubesCONTACONTOS | De balde16:30 Praia de Samil

Máis

Detalles do evento

O contacontos foi cancelado por mor da choiva

Unha nena soña con bailar coas nubes, pero a súa casa está pegadiña a terra e moi lonxe do ceo!
Só a axuda da nova veciñanza fará que o soño sexa unha realidade.
Veciños/as diferentes, chegados de lonxanas terras, co corazón ferido, o namorado, o pechado baixo sete chaves, abrirán as mans e as nubes, bailarán con todos e todas.
Espectáculo inspirado no libro de Vanina Starkoff de Editorial kalandraka. Unha viaxe poética e visual para chegar a bailar coas nubes. No espectáculo cóntase a historia (creación libre) de cada unha das casas, das persoas que fan posible o soño. Porque a historia de cada de nós é unha tea feita dos fíos da memoria de todos/as.

Hora

(Luns) 16:30

Lugar

Praia de Samil

Playa de Samil 36212

X