'Bailar agora'
18mar20:00'Bailar agora'ESPECTÁCULOS | 10,00€20:00(GMT+01:00) Auditorio Municipal do Concello
Detalles do eventos
Marta Alonso Tejada Bailar agora é unha sorte de imperativo cara un posicionamento no presente, social e persoal, a través da danza. Un impulso por
Detalles do eventos
Marta Alonso Tejada
Bailar agora é unha sorte de imperativo cara un posicionamento no presente, social e persoal, a través da danza. Un impulso por situarnos no tempo actual das cousas, con plena consciencia sobre o que estamos a facer e como estamos a vivir o aquí e o agora. A proposta sobre como facelo é clara: bailando. Nun mundo en constante precipitación, o tempo esgótasenos proxectándonos nun futuro que nunca chega.
Bailar agora propón unha atención no presente e no concreto, na carne e no movemento, no movemento que é pensamento, investigando unha linguaxe humorística e crítica a través do movemento e a través dunha proposta escénica de danza moi física. Bailar agora pon en contacto á bailarina e creadora Marta Alonso Tejada coa bailarina e directora internacional Victoria P. Miranda.
Duración: 75 minutos
Entrada única: 10€
Máis
Hora
18 marzo, 2022 20:00(GMT+02:00)
Localización
Auditorio Municipal do Concello
Praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
Séguenos nas redes