Bafana Bafana

09set18:0022:00Bafana BafanaCONCERTOS| 15.00 €18:00 - 22:00(GMT+02:00) Fundación Sales

Detalles do eventos

O vindeiro xoves 9 de setembro actuará o grupo Bafana Bafana na Fundación Sales.

Mentres todo o país celebraba a vitoria do combinado nacional no mundial de fútbol surafricano, Juanjo Treus estaba atareado recrutando a catro músicos cuestionablemente competentes, aínda que simpáticos e ben parecidos, para acompañarlle no libre desenvolvemento da súa faceta como crooner. Esta pintoresca formación non tarda demasiado en deixarse ver por diversos clubs de jazz e músicas cultas, derivando a súa inicial proposta e compoñentes ao longo dos anos ata o que a día de hoxe coñecemos como Bafana Bafana: un grupo fresco, desenfadado, ecléctico, xuvenil, que revisa sen pudor as cancións en castelán máis bailables, interactuando animadamente co seu apaixonado público, que acaba sendo o sexto compoñente do conxunto. No seu repertorio teñen cabida artistas tan variados como Raphael, Mecano, Ricky Martin, Camilo Sesto, Shakira ou Nek.

Durante a xornada tamén acompañará Frida Khalo DJ set e o mercado de prendas vintage e artesanía Verbena Market,onde atoparemos a Eva Casais, Imhellbell Love & Reuse, Machiña, Nomad Moods, Olalla Fernández, Papayan Swimwear, Patty & Selma, Bego Arana & Ana Pérez y Belén Diz Juncal.

O prezo da entrada inclúe unha consumición (auga, cervexa ou refresco).

Máis

Hora

(Xoves) 18:00 - 22:00(GMT+02:00)

Localización

Fundación Sales

de, Av. Europa, 52, 36212 Vigo, Pontevedra

Other Events