XERAIS

07mar21:00Bad Whiskey + The Blues Moonshinersconcertos | desde 12,00 €21:00(GMT+01:00) La Pecera

Detalles do eventos

“Bad Whiskey”
Banda de blues de corte clásico que naceu na Coruña en 2021. O seu son bebe do blues primitivo dos anos 40 e 50, pero expándese cara ao delta tradicional, o garaxe e incluso algo de southern rock, creando unha mestura con máis garra do habitual no xénero. A esa fusión a propia banda defínea como “Swamp Voodoo Blues”, un blues pantanoso e electrizante.

Formada por músicos con longa traxectoria na escena galega, Bad Whiskey combina harmónica, guitarras crúas, contrabaixo e unha voz que lembra tanto aos grandes do blues como ao espírito do rock máis salvaxe. O seu repertorio alterna clásicos de John Lee Hooker, Muddy Waters ou Slim Harpo con composicións propias que soan tan auténticas que custa distinguilas das orixinais.

Bad Whiskey é enerxía, raíces e festa: unha viaxe ás profundidades do blues cunha actitude de rock and roll.


“The Blues Moonshiners”

Trío de blues enxebre que nace en 2018 e no que se mestura o estilo de blues rural, country blues e música folk con raíces afroamericanas dos anos 30, 40 e 50. Este proxecto está formado polo guitarrista e cantante Jay Doe, acompañado polo harmonicista Ramón Figueira e o percusionista Fran Trilli.

Jay Doe á guitarra e voz, Ramón Figueira «Figui» ás harmónicas e Fran Trilli á percusión irán destilando «ilegalmente», baixo o nome de The Blues Moonshiners, temas de blues antigo (XXX) saídos do gran alambique preparado para a ocasión.

A súa música defínese como un anaco de blues de destilación ilegal; de aí o seu nome «Moonshiners», que fai referencia aos destiladores de whisky ilegal na América profunda. Unha divertida combinación musical que leva o blues e o country-folk ao seu estado máis primitivo coa peculiar mestura de instrumentos de época como guitarra, harmónica e rudimentarios instrumentos de percusión.

Prezo: anticipadas 12,00 € na porta 15,00 €

Hora

7 marzo, 2026 21:00(GMT+01:00)

Localización

La Pecera

Rúa de Pizarro, 35, 36204 Vigo, Pontevedra

Other Events