bannerVialia
bannerRevistaOnline

Este é un evento repetitivo

27xan20:00Backup: A resurreción de NunoESPECTÁCULOS | Desde 10,00€20:00 Sala Ártika

Backup: A resurreción de Nuno

En pleno funeral do avó Nuno, a familia apercíbese de que o seguro contratado polo falecido, ofrece a posibilidade de resucitar dixitalmente ao finado, a través dun innovador dispositivo de Intelixencia Artificial. Mentres tanto gozarán dunha semana de fábula nun resort vacacional de alta tecnoloxía. Inicialmente a matriarca: Sabela, decidirá o como e o cando do uso de tal dispositivo, que permite aos familiares conectarse neuronalmente a Nuno e reencarnalo.

Pero pouco a pouco a resurrección de Nuno vai tomando terreo por si mesma, dando lugar a que saian á boia conflitos e segredos familiares que enfrontan a cada membro deste clan con dilemas que resolver e verdades que asimilar.

A Resurrección de Nuno e unha “Comedia post Mortem” que nos amosa, a través dun humor acedo, unha posibilidade propia da Ciencia ficción pero que sen emgargo xa está a tocar a nosa porta na actualidade. ¿Que sucedería se puidésemos resucitar a alguén amado? Canto tempo pasará ata que os segredos enterrados co finado saian á luz? Que cambios provocará saber toda a verdade?Serán quén de saír reforzados como familia ao aceptar as súas imperfeccións e disfuncionalidade?
De Ste Xeito Producións

Hora

  • venres 27 de xaneiro ás 20:00h
  • sábado 28 de xaneiro ás 20:00h
  • domingo 29 de xaneiro ás 20:00h

Recinto: Sala Ártika

Prezo

  • Venta online: Entrada Anticipada: 10 € + gastos de xestión
  • En taquilla: Entrada Xeral: 14 €

Idade recomendada: + 18 anos

Duración: 75 min

Máis

Hora

(Venres) 20:00

Localización

Sala Ártika

Av. da Beiramar, 113, 36208 Vigo, Pontevedra

X