Bacanal

30abr18:45BacanalESPECTÁCULOS | Desde 17,00€18:45(GMT+02:00) Teatro Afundación

Detalles do eventos

O Circo de los Horrores presenta a súa quinta entrega, «Bacanal», un show único, irreverente e sensual, que chega para avivar os instintos máis básicos do ser humano, os seus desexos máis ocultos e dar renda solta aos praceres máis carnais. Conta a lenda que, cada cen anos, Lucifer ofrece aos humanos unha noite de excesos, luxuria e pracer a cambio das súas almas, pero unha soa noite.

Unha grande orxía de sensacións que non entende de límites nin regras. Sobre unha longa mesa, Lucifer, o gran mestre
de cerimonias, vai recibindo os seus invitados, ávidos dunha festa de lascivia e frenesí. Durante a velada e antes de que cante o galo, celébrase unha grande orxía de sabores, olores e colores, de comidas afrodisíacas, de bebidas exóticas e de xogos eróticos inimaxinables. Unha vez máis, neste novo espectáculo, fusiónase o teatro de vangarda, o circo contemporáneo e o cabaré máis salvaxe, inconfundibles selos de identidade de El Circo de los Horrores. Monólogos enxeñosos e hilarantes, onde o poder da palabra xogará co sensual, o erótico e o perverso. Cunha técnica visual novidosa, grazas a unha perfecta e acorde iluminación e unha aposta musical forte, con grandes voces en directo e danza acrobática, clásica e moderna, introducida en cada un dos movementos do espectáculo.

Estarán en diferente sesións do 28 de abril ao 1de maio

Máis

Hora

(Sábado) 18:45(GMT+02:00)