REVISTA OUTUBRO

Baby News

23mar19:00Baby NewsPEQUECHOS | De balde19:00(GMT+01:00) El Corte Inglés

Detalles do eventos

El Corte Inglés celebra ata o 2 de abril a súa campaña “Baby News” na que presenta novidades e tendencias para o embarazo e o bebé. Ademais, conta con promocións, actividades e charlas.

No centro de Vigo, as charlas desenvolveranse os días 20, 22, 23 e 24 de marzo, no restaurante (planta 7ª).

O luns 20 de marzo, 18.30 horas: Seguridade no auto, como elixir o meu sistema de retención infantil? Diego Estévez, de Cybex, explicará cales son as fases e as necesidades da Seguridade no Automóbil para os nenos durante a súa evolución.

Mércores 22 de marzo, 19.00 horas: Alimentación na primeira infancia (0-3 anos), Marta Losada, dietista e nutricionista de Progresa Centro Integral de Saúde, dará as claves para a introdución de alimentos e tratará a importancia dunha alimentación variada e equilibrada.

Xoves 23 de marzo, 19.00 horas: Aprendendo a xogar xuntos, da man de Mª. do Carmen Rodríguez de Deus, logopeda e coordinadora técnica do Centro Lingoreta, entenderemos o valor do xogo en familia e a súa importancia no desenvolvemento do neno.

E o venres, 24 de marzo, 18.30 horas: A maternidade e crianza despois dunha procura difícil, na que contaremos coa intervención de Berta de @sincerely.be que centrará o seu encontro en transmitir a importancia de non fixar límites e buscar sempre a parte positiva dos momentos máis duros, tanto na procura como na Ma/paternidade e crianza. A instagramer presentará o seu libro “O laboratorio máxico”.

As prazas son limitadas e poderán formalizarse as reservas no email eventosvigo@elcorteingles.es ou no dpto. de bebés, planta 4ª.

Máis

Hora

23 marzo, 2023 19:00(GMT+02:00)

Localización

El Corte Inglés

Av. da Gran Vía, 28, 36204 Vigo, Pontevedra

Other Events