>
Detalles do eventos
O venres 5 de setembro, a Asociación Viguesa de Esclerosis Múltiple (AVEMPO) súmase á quinta edición da iniciativa CaminEMos por la Esclerosis Múltiple. Nesta ocasión,
Detalles do eventos
O venres 5 de setembro, a Asociación Viguesa de Esclerosis Múltiple (AVEMPO) súmase á quinta edición da iniciativa CaminEMos por la Esclerosis Múltiple. Nesta ocasión, a andaina terá lugar no Concello de Nigrán, concretamente no miradoiro de Monteferro. Ademais, tras o éxito acadado en anteriores edicións, a xornada deste ano inclúe unha novidade: unha sesión de observación estelar guiada con telescopios.
O punto de saída e chegada do percorrido (1 kilómetro de distancia) é o aparcadoiro de Monteferro. Comeza ás 20:00 h; á mitade, os asistentes poden facer unha pausa para contemplar o solpor (admítese levar algo de comer); e remata sobre as 21:00 h. Posteriormente, é a quenda da actividade divulgativa e cultural. Trátase dunha observación das estrelas do ceo nocturno, na que unha profesional explica en que consiste e como localizar os astros a través dun telescopio.
Desde AVEMPO, recoméndase asistir coa camiseta oficial da campaña e levar unha cadeira pregable para maior comodidade durante a charla e posterior observación.
Para asistir é necesario confirmar a asistencia antes do xoves, 4 de setembro, a través de avempo@avempo.org ou 685 11 33 98 / 986 29 88 65.
Hora
5 setembro, 2025 20:00(GMT+02:00)
Localización
Miradoiro de Monteferro
Monteferro, 36340 Panjón, Pontevedra


