REVISTA FEBREIRO

Auto Sacramental + Nocturna

05dec21:30Auto Sacramental + NocturnaCONCERTOS | Desde 10,00€21:30(GMT+01:00) La Fábrica de Chocolate

Detalles do eventos

Auto Sacramental é o proxecto de Jorge Mills, músico madrileño afincado en Galicia, con influencias que van do synth-pop ao postpunk e letras cargadas de ironía e sátira politica. En Vigo presentarán o seu novo EP (en Ferror Records), formado por unha serie de colaboracións con outros artistas da nova onda escura e producido por Adolfo Párraga en Metropol Studios (Madrid).

Nocturna nacen en 2022 en Pontevedra desde as cinzas, aínda quentes, de Máscara. Pronto a banda consolida a súa formación e define o seu estilo, evolucionando desde o stoner/punk da súa antiga banda a un escuro labirinto de postpunk/noise de liñas contundentes, axustes infinitos e atmosferas psicodélicas. Un intenso wall of sound influenciado polo shoegaze dos 90 e os ritmos e cadencias propias do kraut e o spacerock con reminiscencias de bandas como The Soft Moon, The Sisters of Mercy, Sonic Youth ou The Cult.

Entradas

Máis