VIALIA
bannerPicnicSesions

Atlantic Bridge

18xul21:00Atlantic BridgeCONCERTOS | De balde21:00(GMT+02:00) Vitruvia Café

Detalles do eventos

Poucas persoas como Alberto Conde son capaces de aglutinar ao redor dun proxecto a músicos tan diferentes e de tanta calidade. Atlantic Bridge é unha clara demostración de que esta afirmación é certa. Steve Brown, Jorge Pardo, Walter White, Rosario Giuliani, Kin García ou Miguel Cabana son intérpretes de recoñecido prestixio que, xunto con Alberto, forman parte desta apaixonante aventura musical.

Este domingo 18 de xullo ás 21:00 horas, Atlantic Bridge desembarca en Vitruvia tras actuar no Festival de Jazz de Vitoria. É unha boa ocasión para divertirnos xunto a eles, para divertirnos vendo como se divirten, para gozar desta linguaxe que non necesita das palabras para que nos comunique cousas importantes. Para Vitruvia, que Atlantic Bridge elixa o noso espazo para reunirse e tocar, é moito máis do que imaxinásemos non hai moito tempo.Palabras descoñecidas

Máis

Hora

(Domingo) 21:00(GMT+02:00)

Localización

Vitruvia Café

Praza de Compostela, 5, 36201 Vigo, Pontevedra

Other Events