10out17:30Ateno Atlántico: Saída polo casco históricoACTIVIDADES PARA O COCO | De balde17:30(GMT+02:00) Praza da Constitución

Detalles do eventos

Despois do éxito da primeira edición, o Ateneo Atlántico organiza unha segunda saída polo casco vello de Vigo da man de Rosa Sáenz. Terá lugar o venres 10 de outubro; o lugar de reunión será a Praza da Constitución, ás 17.30 horas.

O percorrido partirá da Praza da Constitución, para seguir pola praza da Pedra, antigo mercado da Laxe, rúa Xaquín Yáñez, Princesa e Porta do Sol. A duración aproximada será de 2 horas e media.

Dado o escaso aforo da actividade (máximo 25 persoas), precisan facer unha pre-anotación a través do correo:
actividades@ateneneoatlantico.gal.

Por este mesmo motivo, unicamente abrirán a participación ás persoas socias, e cada socia soamente poderá anotar a outra persoa acompañante.

Hora

10 outubro, 2025 17:30(GMT+02:00)

Localización

Praza da Constitución

Praza da Constitución 36202 Vigo PO

Other Events