Detalles do eventos
O cinemAteneo do Ateneo Atlántico de Vigo prácese en presentar o filme Yalda, la nuit du pardon, do director iraniano Massoud Bakhshi. A película, premiada
Detalles do eventos
O cinemAteneo do Ateneo Atlántico de Vigo prácese en presentar o filme Yalda, la nuit du pardon, do director iraniano Massoud Bakhshi.
A película, premiada en Sundance, reflexiona sobre a lei do talión e o espectáculo mediático e proxectarase o mércores, 15 de abril, nos Multicines Norte a partir das 19.30 horas.
A cinta, que obtivo o Gran Premio do Xurado no Festival de Sundance, sitúase no Irán actual e con ela o director realiza unha crítica sobre o sensacionalismo dos medios de comunicación e as leis arcaicas que rexen este país.
A trama sitúanos ante un popular “reality show” televisivo que se converterá no escenario no que Maryam, unha moza de 22 anos, condenada a morte polo asasinato accidental do seu marido, será xulgada. A súa vida dependerá de que a filla da vítima, Mona, queira perdoala publicamente neste programa popular, que se emite en directo durante a noite de Yalda (o solsticio de inverno).
Hora
15 abril, 2026 19:30(GMT+02:00)
Localización
Multicines Norte
Calle Vía Norte, 22, 36204 Vigo, Pontevedra


