VIALIA
bannerPicnicSesions

Ateneo Atlántico: Ciclo Novas masculinidades

16feb19:30Ateneo Atlántico: Ciclo Novas masculinidadesACTIVIDADES PARA O COCO | De balde19:30(GMT+01:00) Biblioteca EMAO

Detalles do eventos

Que significa ser ‘home’ na sociedade de 2023?
O home ten que ser forte en calquera circunstancia, un home debe amosarse sempre seguro de si mesmo, o home ten que ser valente, decidido, exitoso, líder, un home debe agochar os seus sentimientos…
Ou non?
Con motivo do 8 de marzo, e baixo o título xenérico A igualdade, é cousa de homes?, o Ateneo Atlántico presenta un ciclo de conversas para reflexionar arredor do que debe ser a masculinidade do século XXI.

1. A máscara da masculinidade
Conversan Xosé Cabido e Luísa Abad

O constructo da idea de “muller” e da idea de “home” é cultural.
Historicamente a cultura, como a propia sociedade, foi construída por homes.
Todo comezou cando o ser humano deixa atrás o neanderthalensis para evolucionar cara ao homo sapiens (que non humanus sapiens).
O homo sapiens primitivo era iso, ‘homo’ e, aínda que ‘sapens’, moi primitivo; ía pouco, moi pouquiño máis alá do instinto de supervivencia; e a supervivencia era cuestión do máis forte; e o máis forte era o home.
E a forza transformouse en poder.
A partir de aí, con esa base e aos poucos, o home foi engadindo cualificativos que reforzasen a súa propia forza e o poder sobre a natureza (incluída a muller). Forza e valentía van collidas da man, exteriorizar sentimentos é sinal de debilidade, a forza maniféstase en forma de seguridade e afouteza, etc.
Resulta (…….) que 315.023 anos despois da aparición dese primeiro homo sapiens o concepto de ‘homo’ de hombre, de masculinadade, apenas teña cambiado; e substituíde os puntos suspensivos polo que mellor vos pareza: (resulta) triste, absurdo, antinatura, demencial, rancio, sorprendente, ilóxico, decimonónico, chiante,
Tamén haberá quen poña no lugar dos puntos suspensivos crenzas como que a ausencia de cambio despois de 315.023 anos resulta normal, gratificante ou mesmo providencial.
Estes, apostaría a que son homes.
Os conceptos de home e muller son, pois, unha construción de homes.
E mentres os homes non deconstruamos as imaxes que temos na cabeza, pouca marxe hai para unha auténtica igualdade.
Os homes. Masculino singular primeiro, e, a continuación, masculino da segunda persoa do plural: nosoutros, os homes.

Nesta primeira proposta do ciclo, e a raíz da exitosa serie Machos Alfa, Pepe Cabido e Luísa Abad conversarán sobre a masculinidade exemónica e reflexionarán arredor da idea de que esa masculinidade poida quedar nunha simple máscara cara ao exterior.

Máis