BannerGNight

xullo, 2021

Este é un evento repetitivo

25xul11:00Astronomía para nenos en VigoZooPEQUERRECHOS | 3,00€ + entrada ao Zoo11:00 VigoZoo

Detalles do eventos

O mundo da astronomía será o protagonista das fins de semana deste verán en VigoZoo, que celebra os seus primeiros 50 anos de vida con tres diferentes actividades: Sábados astronómicos, Astronomía en VigoZoo (para nenos) e Noite das Perseidas.

Proposta pensada para as familias que terá lugar os domingos: o 27 xuño, todos os de xullo e os tres primeiros de agosto, en horario de mañá e tarde (con catro sesións ás 11 e 13 horas e ás 16 e 18 horas da tarde), en grupos de 10-12 persoas. Serán actividades baseadas na simulación mediante a proxección do ceo nocturno de Vigo, cun programa informático e pantallas e proxectores da sala de cambio climático de Vigozoo. As persoas que asistan aprenderán a orientarse durante a noite, recoñecer as constelacións, estrelas e planetas visibles esa noite, nocións de mitoloxía e historia da astronomía así como o manexo dun planisferio.

Para sumarse ao programa é preciso facer reserva previa, no teléfono 986267783. As actividades desenvolveranse cumprindo as medidas de seguridade sanitaria vixentes en cada momento.

Máis

Hora

(Domingo) 11:00

Localización

VigoZoo

Plaza de Los Leones, s/n, 36316 Vigo, Pontevedra

X