>

02xul20:30Astro LabiaESPECTÁCULOS | 8,00 €20:30(GMT+02:00) Vitruvia Café

Detalles do eventos

Os días 2 e 3 de xullo celébrase a primeira edición de Astro Labia, un festival que mestura poesía, indiepop e electrónica en dous espazos do centro de Vigo.

A programación arrancará o xoves 2 no antigo Aeroclub, o actual Vitruvia, cunha xornada que xa anticipa o espírito híbrido do evento. Sobre o escenario pasarán a cantante galega afincada en Berlín Rumia, coñecida polo seu indie pop de ton melancólico, e o poeta vigués Marcos de la Fuente, que presentará o seu proxecto As Cordas InvisíBeis, unha proposta que fusiona piano e poesía en galego. Ese mesmo día, o Café Vitruvia acollerá unha das citas máis destacadas: Idioma de Tinta, o espectáculo da poeta Yolanda Castaño —Premio Nacional de Poesía— xunto ao músico Isaac Garabatos, nun formato que leva a palabra poética ao directo musical.
As entradas para este evento terán un prezo de 8,00 € e pódense adquirir na billeteira do local.

O venres 3 de xullo, o festival trasladarase ao porto de Vigo, concretamente ao pantalán do Náutico, onde o mar será escenario e pano de fondo para tres concertos consecutivos. O trío vigués Lontras presentará o seu novo traballo, Caras no lume, mentres que o músico e produtor Belish achegará a súa proposta de electrónica indie con letras en catalán e galego. Como un dos pratos fortes da xornada, ISGA Collective estreará un novo proxecto baseado nos poemas de María do Carme Krukenberg, interpretados pola voz de Mónica de Nut e coa instrumentación de Isaac Garabatos.

O peche do festival terá lugar na Taberna do Náutico, cunha proposta máis festiva que incluirá cea e baile ao ritmo da sesión da DJ viguesa Santa Gertrudis.

ENTRADAS:
As entradas para a xornada do xoves poden adquirirse na billeira de Vitruvia o día do evento por 8,00 €
Os eventos do venres son de acceso libre e gratuíto.

Ambos eventos arrancan ás 20:30 h.

Hora

2 xullo, 2026 20:30(GMT+02:00)

Localización

Vitruvia Café

Rúa da Reconquista, 7, 36201 Vigo, Pontevedra

Other Events