bannerConfinarte
bannerSGPL

febreiro, 2020

21feb21:00Asmaa Hamzaoui & Bnat TimboktouCONCERTOS | Desde 9,00€21:00 Radar Estudios

Máis

Detalles do evento

Asmaa Hamzaoui naceu en Casabranca, ten 22 anos, e os que saben din que a primeira muller en tocar profesionalmente o guembri, devanceiro africano do baixo e instrumento emblemático do folclore magrebí. Este outono Ajabu! Records publicou o primeiro disco de Asmaa e a súa banda Bnat Timbouktou, Oulad Ighaba.

Tan importantes e sagrados son os instrumentos no gnawa que cada maâlem (mestre) transmite este título honorífico legando o seu guembri a un discípulo, que entón queda investido como tal. Esta é a outra parte da historia que fai de Asmaa unha maâlema: o seu pai, Mâalem Rachid Hamzaoui, levouna a tocar con el a un festival cando ela tiña 12 anos, e tras ese concerto bautismal decidiu legarlle o seu propio guembri e, nel, o seu título.

Hora

(Venres) 21:00

Lugar

Radar Estudios

Rúa Iglesias Esponda, 30, 36201 Vigo, Pontevedra

X