>

13ago08:5308:53Proxección 'Así chegou a noite'08:53 - 08:53(GMT+02:00) Multicines Norte

Detalles do eventos

Esta semana os vigueses e viguesas temos unha nova oportunidade de ver o último filme do director de Marín Ángel Santos, Así chegou a noiteproxectarase o mércores 12 e o xoves 13 ás 17:40 h nos Multicines Norte.

Así chegou a noite é un filme rodado integramente en Galicia no que explora temas como as relacións de parella, a necesidade de romper os vínculos co pasado ou a tentación de desaparecer. Un drama intimista coa identidade como tema central que supón un novo paso de madurez na ficción galega de autor.

Protagonizada por Denís Gómez (Pablo) e Violeta Gil (Andrea), en Así chegou a noite, un escultor establece o seu taller nunha apartada zona rural da costa galega. Aos poucos irá illándose da súa contorna, cortando todo contacto con amigos e familiares. Cando unha antiga amante acuda ao seu encontro provocará a reflexión do escultor sobre o seu desexo de illamento e a necesidade dunha nova fuxida.

Despois de pasar por múltiples festivais como o de Uruguai, BAFICI (Arxentina) o D’A de Barcelona ou o Festival Internacional de Cine de Xixón -no que Santos gañou o galardón á mellor dirección da Sección Oficial Internacional-, o filme estivo nas salas de cine.

Ángel Santos (Pontevedra, 1976)

Cineasta galego en activo desde 2002. É autor entre outros dos curtametraxes Septiembre (2004), O cazador (2008), Así vendrá la noche (2021) e das longametraxes Dos fragmentos/Eva (2012) e Las altas presiones (2014), premio Nuevas Olas no Festival de Sevilla. Como docente está implicado desde hai unha década no proxecto de educación nas aulas Cinema en Curs. É cofundador de Novos Cinemas, Festival Internacional de Cinema de Pontevedra do que foi director artístico durante o seu primeiras cinco edicións (2015-2019). Desde a súa propia produtora Amateurfilms, produce e impulsa proxectos propios ou de cineastas como Santos Díaz, Pablo García Canga ou Iván Castiñeiras.

Entradas aquí.

Hora

13 agosto, 2026 08:53 - 08:53(GMT+02:00)

Localización

Multicines Norte

Calle Vía Norte, 22, 36204 Vigo, Pontevedra

Other Events