REVISTA FEBREIRO

Xornadas de arte urbana

28out10:00Xornadas de arte urbanaARTE E MUSEOS | De balde10:00(GMT+02:00) Sede COAG

Detalles do eventos

ACTUALIZACIÓN: Por mor da previsión metereolóxica de chuvias a batalla mural celebrarase o sábado 4 de novembro. O resto de actividades mantéñense o sábado 28.

O próximo sábado 28 de outubro Proyecto Ewa organiza unha nova xornada dedicada a arte urbana. Nesta ocasión, debaterase sobre a ‘Acupuntura urbana’ e como sempre haberá obradoiro artístico para os pequenos e se desenvolverá a batalla mural. Todas as actividades se desenvolverán no Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (Doutor Cadaval, 5)

XORNADAS de Acupuntura Urbana

Acupuntura urbana é unha práctica que busca mellorar o entorno urbano a través de intervención creativas e sostibles en espazos públicos. Este termo foi acuñado por primeira vez polo arquitecto brasileiro Jaime Lerner. Afondaremos no concepto de acupuntura urbana, establecendo unha pauta para explorar e poder desenvolver este concepto cunha serie de intervencións deste tipo na cidade de Vigo.

11:00 a 12:30 Conferencia sobre acupuntura urbana.
“Concéntrico, un festival de ciudad”

> Javier Peña, Director do Festival Concéntrico de Logroño.
> Irene Fernández Garijo, Coordinadora do Festival Concéntrico de Logroño.
> Modera: Manuel M Carazo, Presidente de Vigo del Colexio de Arquitectos de Galicia COAG

OBRADOIROS

Obradoiro infantil: Laboratorio de experimentación artística por Arte y Garabato. “Creando cidades invisibles”. Imaxinar, construír, deseñar.

O Obradoiro está orientado a rapaces de 6 anos en adiante. As prazas do obradoiro son limitadas e por orden de inscripción AQUI

BATALLA MURAL-últimos días para inscribirse!

O prazo para participar na Batalla Mural rematará o dia 23 de outubro ás 15 horas. A solicitude deberá enviarse á seguinte enderezo de correo electrónico:ofi.ph@vigo.org

O evento estará amenizado cunha excelente selección musical a cargo de Dani Rivera.

Máis

Hora

28 outubro, 2023 10:00(GMT+01:00)

Localización

Sede COAG

Rúa Doctor Cadaval, 5, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events