novembro, 2019

12nov19:00'As viúvas de vivos na cultura galega' con Ana GarridoACTIVIDADES PARA O COCO | De balde19:00 Biblioteca Juan Compañel

Máis

Detalles do evento

“As viúvas de vivos na cultura galega como representación da ausencia e da nación e como toma de conciencia e empoderamento”

Neste faladoiro abordamos as políticas culturais que construíron esta figura clásica e central do imaxinario galego como esencialista, tradicional e patriarcal, para contrastala coa construción da Penélope emancipada.

Un tránsito que exemplificaremos con obras artísticas cuxo vínculo de unión é crear desde algún tipo de marxinalidade ou expulsión. Un contexto que potencia a busca doutras representacións máis acordes con quen se sente estigmatizada como a outra/o, como a estranxeira/o.

Según a profesora Ana Garrido, unha liña alternativa de construción nacional de Rosalía de Castro a Xohana Torres, que arrinca desde a viúva de vivo entolecida da autora cima do Rexurdimento, pasando polas viúvas tolas que en ocasións chegan a bruxas monstruosas na poesía de Seoane, ata a orfa de vivo da única novela de Torres, cuxa protagonista se resiste á loucura e ao suicidio para dar paso á chica rara (Martín Gaite, 1987), desviada da norma, que abre a porta á moi estudada “Penélope” navegante de Tempo de Ría (1992) e a toda unha xenealoxía de poetasfeministas que retoman o tópico. Un proceso de deconstrución dunha figura nacional que é necesario visualizar para combater a imaxe aínda viva da nai galega como muller que pode con todo porque vive para a renuncia e o sacrificio.

Hora

(Martes) 19:00

Lugar

Biblioteca Juan Compañel

Rúa Joaquín Yáñez, 6, 36202 Vigo, Pontevedra

X