Detalles do eventos
A ESAD e a Commedia dell’Arte International Network levan o teatro ás rúas de Vigo cun ciclo de espectáculos gratuítos inspirados na tradición da Commedia
Detalles do eventos
A ESAD e a Commedia dell’Arte International Network levan o teatro ás rúas de Vigo cun ciclo de espectáculos gratuítos inspirados na tradición da Commedia dell’Arte. O programa inclúe montaxes chegadas de Austria e Galicia, con máscaras, humor e teatro físico.
A Commedia dell’Arte é un xénero de teatro popular nacido en Italia a mediados do século XVI, considerado unha das grandes tradicións do teatro europeo. Caracterizábase por espectáculos moi físicos, improvisados e cheos de humor, interpretados por compañías profesionais que actuaban tanto en teatros como en prazas e rúas.
Todas as funcións osn ás 20:00h e a entrada é libre ata completar aforo.
- 22 de xullo:La Maschera – Around the World in 80 Days
- 23 de xullo:As tres vidas de Pantalone
- 24 de xullo:Farsas e Canovacci
Lugar: Fronte a La Contenedora (Rúa Eduardo Iglesias)

Hora
23 xullo, 2026 20:00(GMT+02:00)
Localización
La Contenedora
Rúa de Eduardo Iglesias, 11, 36202 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
agosto


