
05xuñ19:30As TareixasCONCERTOS | De balde19:30(GMT+02:00) RioLagares
Detalles do eventos
AS TAREIXAS son un grupo de música familiar que botou a andar en decembro de 2023. Fíxoo tras a operación de cadeira da súa avoa Martina, cuxo relato foi
Detalles do eventos
AS TAREIXAS son un grupo de música familiar que botou a andar en decembro de 2023. Fíxoo tras a operación de cadeira da súa avoa Martina, cuxo relato foi tan intenso que acabou desembocando nunha canción coa que gañaron o segundo premio no concurso “Quero cantar” da Deputación da Coruña, na categoría de mellor canción infantil.
Esta actuación tivo lugar a finais de abril 2024 e, días despois, xa os estaban chamando para facer concertos. Toda unha sorpresa que fixo que, José Manuel, o pai compositor, se puxese a completar varios temas que xa tiña feitos e a armar outros arredor do mundo familiar musical e Román (clarinete e voz) e Omara (trompeta e voz), con especial fincapé nas relacións humanas e na relación coa natureza.
En dous meses xa tiñan un repertorio de sesenta minutos. Todo cancións orixinais, en galego, e sobre temática infantil, aínda que do gusto de todos os públicos: letras profundas, arranxos coidados e interpretacións cheas de emoción son o selo do grupo.
Logo desta inesperada xira de verán, e das constantes manifestacións de entusiasmo por parte do público que os acompañou, no nadal 24-25 As Tareixas metéronse no estudio a gravar este “Santo mandil”, o seu primeiro disco, que presentarán o vindeiro xoves 5 de xuño, ás 20.30h no Río Lagares de Vigo.
Máis
Hora
5 xuño, 2025 19:30(GMT+02:00)
Localización
RioLagares
67PC+2F Vigo
Hoxe móvese
Mes actualxuño
- Mes actual