Detalles do eventos
Do 6 ao 9 de agosto, Vigo volverá converterse nun gran escenario ao aire libre para acoller unha nova edición do Marisquiño, festival de acceso gratuíto que combina
Detalles do eventos
Do 6 ao 9 de agosto, Vigo volverá converterse nun gran escenario ao aire libre para acoller unha nova edición do Marisquiño, festival de acceso gratuíto que combina deportes de acción, música e cultura urbana. O epicentro estará, un ano máis, na praia de Samil, aínda que o MTB Downtown trasladará a competición ao centro da cidade.
A única competición que abandona Samil será o MTB Downtown, descenso urbano en bicicleta de montaña, previsto para o sábado. Os participantes descenderán desde o monte do Castro ata A Laxe atravesando rúas, escaleiras e prazas do Casco Vello nun percorrido dun quilómetro e 135 metros de desnivel. Trátase dunha das probas máis emblemáticas do Marisquiño. Os ‘riders’ estarán entrenando no Casco Vello desde a mañá e a final será ás 18:30h.
Grandes nomes do descenso urbano:
Os gañadores do MTB Downtown de 2025 volverán tomar a saída desde a Fortaleza do Castro. O francés Adrien Loron defenderá a súa vitoria despois de comezar 2026 cun segundo posto no Red Bull Valparaíso Cerro Abajo, unha das grandes referencias internacionais do descenso urbano.
Na categoría feminina regresará Sara Yusto, gañadora en Vigo en 2022, 2023 e 2025 e subcampioa de España de Descenso este ano. Xunto a ela competirá a chilena Fernanda Gildemeister, campioa de Descenso en 2024 no seu país, cuarta no Campionato Panamericano de 2025 e con experiencia na Copa do Mundo UCI.
Entre os principais nomes masculinos estarán dous riders que chegan ao Marisquiño con títulos nacionais recentes. Héctor Quinteiro vén de conquistar a Copa de España de Descenso 2026, mentres que o galego Marco Veiga revalidou en maio o Campionato de España de Enduro e suma xa dúas vitorias no Downtown do Marisquiño. O chileno Bruno Lavagnino, especialista en descenso urbano con experiencia nas principais probas latinoamericanas, completa a selección de nomes destacados.

Hora
8 agosto, 2026 18:00(GMT+02:00)
Localización
Casco Vello
Casco Vello, 36202 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
setembro



