Este é un evento repetitivo17 outubro, 2025 20:00
16out20:00'As que limpan'ESPECTÁCULOS | Desde 13,00 €20:00(GMT+02:00) Sala Ártika
Detalles do eventos
As que limpan, da compañía A Panadaría, é unha comedia satírica e feminista que visibiliza a loita das camareiras de piso por condicións laborais dignas
Detalles do eventos
As que limpan, da compañía A Panadaría, é unha comedia satírica e feminista que visibiliza a loita das camareiras de piso por condicións laborais dignas no sector turístico. Cun estilo cargado de retranca, música vocal e humor crítico, a obra denuncia a explotación, a precariedade e as desigualdades de xénero e clase ocultas baixo o brillo do turismo. Un espectáculo comprometido e poderoso que transforma a escena nun espazo de memoria, resistencia e risa.
SINOPSE:
Un cartel colgado na porta dun hotel: “Por favor, arranxe o cuarto”. Ao regresar, todo está limpo, impecable, como por arte de maxia. Pero… quen limpa? As que limpan é unha sátira utópica que pon no centro da escena ás camareiras de piso, mulleres invisibilizadas que sustentan, co seu esforzo físico e emocional, un sistema turístico profundamente precarizador. Inspirada na loita real e organizada destas traballadoras, a obra denuncia a explotación laboral, a falta de recoñecemento social e as múltiples violencias que sofren por razón de xénero e clase. Con humor corrosivo, música e moita retranca, A Panadaría constrúe un espectáculo que emociona, fai rir e convida á acción. Un berro escénico pola dignidade e a xustiza, desde os cuartos que outros deixan sucios e que elas, cada día, volven poñer en pé.
Hora
16 outubro, 2025 20:00(GMT+02:00)
Localización
Sala Ártika
Av. da Beiramar, 113, 36208 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
novembro



