novembro, 2019

06nov(nov 6)20:0010(nov 10)23:59As outras luces de VigoARTE E MUSEOS | De balde20:00 - 23:59 (10) Museo Marco

Máis

Detalles do evento

Este ano, adiantámonos a Caballero e seremos os primeiros en prender as luces. O evento terá lugar o martes día 5 de novembro ás 20.15 na rúa Príncipe (diante do MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo).

Tratarase, iso si, dunhas luces algo singulares. Pode que non sexan tan rechamantes, pero brillan sen necesidade de electricidade.

O showman vigués Tony Lomba será o encargado de dinamizar o acto e prender as luces. Artistas locais como Antonio Durán Morris, Marta Larralde, Ledicia Costas, Xosé Luis Méndez Ferrín, Silvia Superstar, PATRICIA MOON, Maria Xose Queizan, Eladio Santos, Julián Hernández, Silvia Penas, Lupita Hard e KAIXO Ϩ∆MØ estarán presentes.

As outras luces de Vigo estarán acendidas ata o domingo 10, data en que nos retiramos para dar paso á madrugadora iluminación natalicia.

#AsOutrasLucesDeVigo Xenera – A Vaquiña polo que vale Coa Cultura

Hora

6 (Mércores) 20:00 - 10 (Domingo) 23:59

Lugar

Museo Marco

Rúa do Príncipe, 54, 36202 Vigo, Pontevedra

X