xuño, 2019

27xuñ(xuñ 27)10:0006xul(xul 6)21:00'As nosas letras de Muller a Muller' de MareirasEXPOSICIÓN | De balde(xuño 27) 10:00 - (xullo 6) 21:00 Príncipe

Máis

Detalles do evento

A artista compostelá Mareiras presenta en Vigo As nosas letras de Muller a Muller, o seu primeiro libro, no marco da Feira do Libro que se celebra na cidade do sur de Galicia do 27 de xuño ao 6 de xullo. E faino cun dobre programa: exposición e presentación.

A mostra, que se poderá visitar no espazo común da Feira —situada na rúa do Príncipe— durante o tempo que dura o evento, toma como punto de partida As nosas letras de Muller a Muller, o primeiro libro de ilustracións de Mareiras, artista tras da que está María Eiras. O propio volume será presentado pola autora o 4 de xullo ás 18 horas, tamén no espazo común da Feira, nun evento no que a acompañará a escritora Lorena Amkie.

O libro enténdese como un percorrido en imaxes polos 59 homenaxeados, 55 homes e 4 mulleres, nas 57 edicións celebradas do Día das Letras Galegas entre 1963 e 2019. As catro escritoras —Rosalía de Castro, Francisca Herrero, María Mariño e María Victoria Moreno— son as protagonistas do volume, que nace ao calor da celebración do 8 de marzo de 2018. A exposición, que visitou xa as Feiras do Libro de Redondela e Ribeira, recolle estes catro debuxos xunto cos retratos de Mareiras doutras mulleres destacadas da cultura e a literatura galega, como Concepción Arenal, María Xosé Queizán ou Yolanda Castaño. Tras do peche, a mostra visitará o resto das feiras galegas —agás a da Coruña—.

Tanto o libro como a mostra están pensados para poñer en valor ás mulleres do ámbito literario. Remite ao libro na súa vocación divulgativa, xa que un dos públicos principais de ámbolos dous proxectos son os colexios e institutos. Pero tamén está destinada a un sector máis amplo, “calquera persoa que queira coñecer un pouco máis sobre estas personaxes da nosa cultura”, afonda Mareiras.

O libro, que conta con textos de Ánxela Lema París para afondar nos perfís dos retratados, presentouse o pasado mes de decembro en Santiago de Compostela e está tendo unha boa acollida. “A obra está gustando moito”, explica a autora, “a todas as persoas gústanos coñecer máis sobre a nosa cultura”. Parte aparte son as ilustracións, que resultan especialmente interesantes, destaca, ao coñecer o proceso de elaboración. Os debuxos están feitos a bolígrafo, case sen mirar o papel nun intento de afondar na persoa tras da escritora ou escritor, e remátanse cunha mancha de tinta, elaborada pola artista de xeito artesanal a partir de bugallos de carballo, nunha técnica empregada por Leonardo no Renacemento.

O éxito da obra queda medido pola elección do debuxo de Mareiras de Antonio Fraguas como imaxe para o cartel institucional polo Día das Letras Galegas deste ano da Xunta de Galicia. “Representou unha grande visibilidade para min como artista”, explica. “A oportunidade xurdiu dunha forma casual. Unha alumna miña veu o debuxo orixinal no meu estudio, comentouno con alguén e produciuse unha cadea que desembocou en que a Xunta decidise comprar o debuxo”. Para Mareiras é “un orgullo poder representar a un estudoso tan querido como Don Antonio Fraguas”.

Hora

Xuño 27 (Xoves) 10:00 - Xullo 6 (Sádado) 21:00

Lugar

Príncipe

Rúa do Príncipe 36202 Vigo Pontevedra

X