>
Detalles do eventos
A activista e investigadora Mina Shayan impartirá unha charla centrada na situación das mulleres en Irán e na súa longa historia de reivindicación e resistencia. A través deste
Detalles do eventos
A activista e investigadora Mina Shayan impartirá unha charla centrada na situación das mulleres en Irán e na súa longa historia de reivindicación e resistencia. A través deste encontro abordarase a realidade dun país marcado pola censura, a represión e as limitacións ás liberdades fundamentais, poñendo o foco no papel das mulleres na defensa dos seus dereitos.
O faladoiro ofrecerá tamén unha aproximación histórica ás conquistas, perdas e loitas do movemento feminista iraniano, ademais de abrir unha reflexión sobre o papel da comunidade internacional ante a situación que vive a sociedade iraniana na actualidade.
Hora
3 xuño, 2026 19:00(GMT+02:00)
Localización
A Morada
R. Enrique Xabier Macías, 6, 36203 Vigo, Pontevedra


