>

01xulTodo o día31agoAs Galerías Durán acollen 'Art Vigo' durante un mes máisARTE E MUSEOS | De balde(Todo o día)(GMT+02:00) Galerías Durán

Detalles do eventos

Art Vigo é unha iniciativa promovida por Espacio Beny que converte un espazo emblemático da cidade de Vigo nun museo. Inicialmente concibida para o mes de xullo, esténdese todo agosto tras a boa acollida. Pintura, escultura, fotografía e música compoñen unha mostra na que participan máis de corenta artistas, aberta de luns a sábado para todo o público.

As míticas Galerías Durán, espazo de lembranzas para moitos vigueses, pechan as súas portas para transformarse nas oficinas dunha compañía enerxética. Neste escenario, Art Vigo conta cun compoñente simbólico forte: o carácter efémero da arte na sociedade actual. Promóvese o talento local, cun xesto de compromiso coa sensibilidade dun público que elixe deterse a apreciar as expresións artísticas nun mundo veloz.

O que no seu día foron locais comerciais, albergan ata setembro obras de todos os estilos e de moita calidade. Distintas disciplinas e talentos mestúranse nunha exposición arredor da colectividade no corazón da cidade olívica.

A entrada é gratuita e pódese acceder de luns a sábado de 12:00 h a 14:00 h e de 18:00 h a 21:00 h. As Galerías Durán contan cunha entrada por Rúa do Príncipe 51 e outra por Velázquez Moreno 29.

Hora

1 xullo, 2025 - 31 agosto, 2025 (Todo o día)(GMT+02:00)

Localización

Galerías Durán

Rúa do Príncipe, 51, Local 12, Santiago de Vigo, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events