'Da túa man a miña': As fillas de Cassandra + Su Garrido Pombo
Detalles do eventos
Arrincan as actividades da Concellería de Igualdade do Concello de Vigo con motivo do próximo 25 de novembro ‘Día Internacional da eliminación da violencia contra as mulleres’, que organizan
Detalles do eventos
Arrincan as actividades da Concellería de Igualdade do Concello de Vigo con motivo do próximo 25 de novembro ‘Día Internacional da eliminación da violencia contra as mulleres’, que organizan conxuntamente co Consello Municipal da Muller.
Entre os meses de novembro e decembro acollerán proxeccións de filmes, presentacións de libros, coloquios, accións reivindicativas, xornadas formativas, actuacións musicais, etc Todas as actividades son gratuítas e de acceso libre ata completar aforo. Ademais, o 1 e 2 de decembro celébranse unhas xornadas formativas cuxos obxectivos son:
• Fomentar a participación e implicación da poboación viguesa na promo ción dunha cultura igualitaria e na prevención da violencia de xénero.
• Habilitar un espazo e tempo de formación e reflexión persoal en relación á igualdade e a violencia de xénero.
• Visibilizar a violencia de xénero como manifestación extrema da desigualdade coa finalidade de acadar un cambio de modelo de relación social baseado na igualdade.
Para participar nestas xornadas é preciso reservar praza escribindo a: xornadas.igualdade@vigo.org
As fillas de Cassandra son tres pandeireteiras do lugar de Momán, parroquia de Trabancas, concello de Padrenda, que cantan coplas e contan historias escoitadas ou inventadas, con moita ironía e non menos sabedoría.
Susana Garrido Pombo é unha cantante, músico e compositora galega. O seu estilo músical abrangue diversos xéneros con matices de bossa, folk, jazz ou latin.
Máis
Hora
3 decembro, 2021 20:00(GMT+02:00)
Localización
Auditorio Municipal do Concello
Praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
Mes actualsetembro
Séguenos nas redes