bannerRevistaOnline

xuño, 2021

23xuñ17:30AS FESTAS DO LUME: SAN XOÁN E OUTROS RITUAISARTE E MUSEOS | 1,00€17:30 Museo Liste

Detalles do eventos

O lume, un dos catro elementos da natureza , foi dende sempre protagonista de diversas celebracións nas que simboliza o seu poder purificador. Como exemplo sempre se citan ás fogueiras de San Xoan pero a súa presenza é habitual en
moitas outras celebracións en todos os lugares do mundo: as fogueiras de San Pedro, as fallas de Valencia, a noite de Guy Fawkes en Gran Bretaña, etc.

Está é unha das actividades cíclicas que está a propor o Museo Liste-Etnográfico de Vigo. A través dela, pretende dar a coñecer as celebracións que xiran a redor do lume, facendo un especial chamado sobre a festa de San Xoán, as súas orixes, sincretismo e ritualiade.

A actividade constará de:

  • Parte teórica: introdución a esta celebración a través dun audiovisual.
  • Parte práctica: recoñecemento de plantas e outros elementos propios da festa.

Dirixido a todos os públicos.

Máis

Hora

(Mércores) 17:30

Localización

Museo Liste

Calle Pastora, 22, 36210 Vigo, Pontevedra

X