AQUALIA

C. Tangana no Peirao de Trasatlánicos

23ago22:00C. Tangana no Peirao de TrasatlánicosCONCERTOS | Desde 39,00€22:00 Peirao do Náutico

Detalles do eventos

C. Tangana actuará no peirao de Transatlántico de Vigo o 23 de agosto dentro da programación do Xacobeo 21-22, as entradas para o concerto esgotáronse en apenas unhas horas.

Ántón Álvarez, máis coñecido como C. Tangana ou Pucho, é un polifacético artista madrileño que comezou a súa carreira musical en 2006 baixo o pseudónimo Crema. Máis adiante formou o grupo Agorazein con outros rapeiros como Sricky M.A., Jerv.agz, Fabianni e I-Ace. En 2011 comezaría a lanzar música baixo o nome de C. Tangana, logrando un éxito notable cos discos LOVE’S e 10/15. É nesta etapa cando comeza a centrar os seus esforzos nas redes sociais, creando unha personaxe mediática de si mesmo, o que lle axudaría a alcanzar máis público coa súa música.

En 2017 ficha por Sony Music e publica ‘Mala mujer’, o seu primeiro grande éxito. Nos últimos anos a súa notoriedade non deixou de medrar, converténdose con probabilidade no artista estatal máis importante dos últimos anos. O seu disco El Madrileño foi un fito na música española pola arriscada mestura entre música castiza e ritmos urbanos. Actualmente está a presentar este disco nunha ambiciosa xira chamada Sin cantar ni afinar Tour.



Máis

Hora

(Martes) 22:00

Localización

Peirao do Náutico

As Avenidas, s/n, 36202 Vigo, Pontevedra