
01mai13:00As Efémeras en concertoCONCERTOS | 5,00€13:00 Sala Rebullón
Detalles do eventos
As Efémeras, o grupo de artistas e activistas culturais de Redondela, comprometidos coa ecoloxía, a cultura e a fala do país, dará un concerto en sesión vermú na
As Efémeras en concerto
As Efémeras, o grupo de artistas e activistas culturais de Redondela, comprometidos coa ecoloxía, a cultura e a fala do país, dará un concerto en sesión vermú na Sala Rebullón. O grupo formado por Berto Covelo, Fon Conde, Claudia Sánchez, Irene Campelos, Olga Nogueira e Paqui Crespo; presenta o seu primeiro disco, homónimo, grabado entre o pasado outono e inverno.
Un traballo que dá conta das súas músicas: 14 das mellores (xa que teñen máis, que ofrecen nos directos). No disco aparecen os seus temas máis celebrados, como “Namorare”, un paseo por oito das trece parroquias de Redondela, co amor como fío condutor. “Chora o mar”, gravado para o disco do colectivo Artelixo, un alegato contra a contaminación, da terra e do mar, e un chamado a un novo mundo, máis respectuoso co medio ambiente. Ou o”Rock Residente”, o tema do seu primeiro videoclip, do director OliconH.
Para consultar máis información ou ver algunha das súas actuacións, visita a súa páxina web aquí.
As entradas pódense mercar en Casa Gallardo ou nas oficinas do CSCD As Pedriñas mentres non abre o centro. Tamén escribindo a reservasrebullon@gmail.com.
Máis

(Sábado) 13:00
Sala Rebullón
Avda. do Rebullón 23, 36416 Tameiga, Galicia, Spain