OV430

12dec20:00As cousas polo seu nome: desmontar o mito romántico arredor da prostituciónACTIVIDADES PARA O COCO | De balde20:00(GMT+01:00) Asociación Cultural Évame Oroza

Detalles do eventos

O venres 12 de decembro, ás 20:00 horas, a escritora e xestora cultural Llerena Perozo protagonizará na asociación Évame Oroza a conversa titulada “As cousas polo seu nome: desmontar o mito romántico arredor da prostitución”. Trátase dunha proposta que busca abrir un espazo de reflexión crítica sobre a percepción social da prostitución e sobre os discursos que historicamente contribuíron á súa normalización. Entrada de balde ata completar aforo.

Durante o encontro, Perozo afondará no relato romántico e idealizado que a miúdo envolve esta realidade, e que funciona como un mecanismo cultural que oculta violencias, desigualdades e dinámicas sociais complexas. A través dun enfoque feminista e documentado, convidará a revisar os mitos máis estendidos e a preguntarnos polas razóns polas que se mantiveron ao longo do tempo.

Llerena Perozo (Vigo, 1974) é especialista en comunicación e na súa relación co xénero e co medio ambiente. Desde hai case dúas décadas imparte talleres de comunicación para mulleres desde a perspectiva de xénero en múltiples puntos do territorio galego, ademais de colaborar con organizacións feministas e impartir conferencias sobre violencia de xénero, ecofeminismo e comunicación.

É autora dos libros Unha gota é un océano (2018), centrado na divulgación e a sensibilización arredor da importancia da auga, e Sementamos Igualdade (2019), un manual práctico dirixido a promover a igualdade e as boas prácticas na comunicación.

Hora

12 decembro, 2025 20:00(GMT+01:00)

Localización

Asociación Cultural Évame Oroza

Subida Costa, 5, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events