REVISTA FEBREIRO

Val Miñor Fest

15agoTodo o díaVal Miñor FestFESTIVAIS E FEIRAS | De balde(Todo o día)(GMT+02:00) Parque de A Ramallosa

Detalles do eventos

As principais marcas de cervexa artesana de toda España volven a protagonizar desde o martes 15 e ata o domingo 20 de agosto na Alameda de A Ramallosa (Nigrán) o ‘Val Miñor Fest’, o primeiro festival deste tipo de toda a comarca e que reunirá a cifra record de cen tipos de bebidas dunha ducia de marcas de toda España e con especial atención ás galegas. Como xa é habitual, disporá de zona de xogos populares, concertos a diario, obradoiros, sesións beer-mú e food-trucks. O evento, organizado por ‘La ruta del lúpulo’ coa colaboración do Concello de Nigrán e a cervexeira local Banda/Trisk-Ale,
foi presentado onte na fábrica da marca local en Porto do Molle.
Tódalas noites haberá concertos de grupos de música comezando hoxe conPacheco Bros e continuando nos sucesivos días con The Liar Papers, Fanatic Four, Algo pasa con Mery, Therre Roosters e Castro y los Escoltas. Ademais, para maridar coa cervexa estarán presentes nove foodtrucks con diferentes propostas culinarias. A maiores, todos os días estarán dispostos os xogos tradicionais e o venres, sábado e domingo realizaranse a última hora da tarde diferentes obradoiros para crianzas.
As firmas de cervexa artesana que estarán presentes son Banda (Nigrán), Nos (Vigo), , Bubela (Lugo), The One (Sanxenxo), Bacterio (Madrid), Go (Madrid), Atlántica (Rendondela), Sevebrau (Extremadura), Madroa (Vigo), Cosa Nostra (Valencia), La Virgen (Madrid) e Irmaos de Lei (Vigo).
Como é habitual, degustaranse nun vaso de vidro especial conmemorativo desta séptima edición.

Máis

Hora

15 agosto, 2023 (Todo o día)(GMT+01:00)

Localización

Parque de A Ramallosa

Paseo Torrente Ballester, 109, 36370 Nigrán, Pontevedra

Other Events